É tempo de cocidos
É o rei da mesa cando baixan as temperaturas. Na cociña do restaurante laninense La Molinera a temperatura non baixa, sobe coa calor e a man dun dos nosos mellores cociñeiros e cos mellores produtos.
Todo, desde o rabo ata o touciño. Un prato contundente que está case desestacionalizado. Cocido polo Entroido si, pero cocido tamén o resto do ano.
E despois de maio, se se quere, tamén cocido. Iso si, por encarga: hai turistas que o piden en pleno mes de agosto. Cómpre só cambiar os grelos por repolo e desexo cumprido. Hai que vir probalo e probalo ben. Tratándose de cocido mellor a tradición que a vangarda.
Está claro, luns, martes ou domingo o cocido nunca falla. Mellor o noso: calidade e cantidade. Vaian planificando, nalgúns restaurantes, xa hai reservas ata marzo.