CRTVG

Buscar

Temperaturas de verán con máximas de case 33 graos en Leiro

Publicado o 19/05/2020 20:24

Rúas desertas, non polo coronavirus, senón pola calor. Aquí, na Arnoia, levan tres días con máximas por riba dos 30 graos.

Aquí atopamos os que se atreven a saír á rúa, pero nin sequera a carón do río se libra un da calor.

Para loitar contra os raios de sol hai quen botaba man hoxe en Ourense do paraugas.Tanto a cidade das Burgas como O Ribeiro superaron os 32 graos, case 33 houbo en Leiro. Un bochorno difícil de levar sobre todo con máscara.

Tempo de verán no mes de maio que deixou tamén temperaturas cálidas na costa. Moitas localidades superaron os 25 graos. Valores que convidan a desfrutar de actividade ao aire libre ou das terrazas a carón do mar. Iso si, cómpre apurar as horas porque mañá no litoral os termómetros xa non acadarán as marcas de hoxe. Baixan as temperaturas na costa e seguen a subir no interior, onde poderían superarse os 34 graos.

Noticias web

19/05/2020