CRTVG

Buscar

Temor polo lobo en Vilar de Santos: un veciño denuncia que lle matou e comeu un carneiro

Publicado o 11/06/2020 14:18

Manuel e Alisa teñen un rabaño dunhas dez ovellas e o lobo deixounos sen o seu carneiro. Primeiro matouno e en dous días só deixou o esqueleto.

"Vin a corda moi tirante e xa estaba o carneiro comido sen tripas e sen nada. Chamei á Garda Civil, eu xa sabía que era do ataque do lobo e dixeron que era ataque do lobo  e veu Medio Amnbiente tamén", conta Manuel Bolaño, dono do rabaño de ovellas. 

Agora din que teñen medo a que volva polo resto de animais.

"Estamos preocupados porque mesmo Medio Ambiente nos dixo que agora por unha temporada que vezou aquí e que seguro que vai vir vindo ao ataque", asegura Manuel Bolaño, que denuncia que o lobo lle matou un carneiro. 

"Claro que se está con medo de ver que o lobo chega tan cerca, á parede da propia casa, porque se houbese unha porta por aí xa entreba para a casa. E claro que se está con medo e non poder ir cos animais, nin podemos ammarar os animais aquí ao carón da casa  porque non era de noite, era a mediodía, eran as tres da tarde, das once ás tres da tarde que foi o ataque, entón claro que un está con medo", esplica Alisa Tineo. 

Nesta aldea de Laioso, en Vilar de Santos, houbo máis ataques de lobo no último ano, pero aseguran pero non todo o mundo denuncia.

"Pero isto non é cousa de calar, é cousa de dicir se están protexendo aos animais de fóra e non protexen os animais dos gandeiro, iso tamén on é normal", di Manuel Bolaño.  

"É unha pena que che coman os animais porque non os tes para que veña o lobo a comelos. Eu penso que o que bota o lobo ao monte, que lle bote de comer, iso penso eu", di Alisa tineo, dona do rabaño de ovellas. 
 
Perderon o seu mellor animal, un carneiro duns 70 quilos. Agora agardan que a Comisión de Seguimento dos Danos do Lobo poida compensarlles economicamente o seu valor.

 

Noticias web

11/06/2020