CRTVG

Buscar

Recuperan oito plataformas á valga que lle caeron a un mercante na Costa da Morte

Publicado o 17/01/2020 20:51

As malas condicións meteorolóxicas de onte, con ondas de ata 6 metros e ventos de 140 quilómetros por hora, provocaron que un mercante que navegaba por estas augas da Costa da Morte perdera parte da súa carga. E a carga son plataformas metálicas, ocas por dentro e empregadas para obra civil. Miden entre nove e 12 metros de longo e tres de ancho. Son bastante pesadas. Os expertos alertan de que se un pesqueiro bate contra elas pode ser moi perigoso. Bater contra elas, din, é como bater contra unha rocha.

Dende Salvamento Marítimo pediron precaución aos barcos que transitaban por esta zona. Varios pesqueiros da zona recuperaron esta mañá da auga varias destas plataformas. As tarefas de recuperación remataron esta tarde. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/01/2020