CRTVG

Buscar

Decretos e lei vasca de abusos policiais son temas que sobrevoan a campaña política

Publicado o 06/04/2019 21:20

Pedro Sánchez defendeu os decretos aprobados esta semana na Deputación Parmanente do Congreso como un exemplo da España xusta e igualitaria fronte aos que queren "volver atrás corenta anos"

Desde o Partido Popular, Pablo Casado salientou que Sánchez se converteu en "socio dos proetarras" de Bildu na aprobación dos decretos gobernamentais e na Lei vasca de abusos policiais.

A Lei de abusos policiais tamén focou as críticas de Rivera, que anunciou un recurso inminente no Tribunal Constitucional.

Finalmente, Pablo Iglesias centrouse nas "cloacas do Estado" e dixo que "quedan moitas cousas por saber e explicar".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/04/2019