CRTVG

Buscar

Tebas rexeita a proposta dunha liga de 24, que considera "inviable"

Publicado o 14/08/2020 22:16

Nunha carta de oito páxinas, asinada por Javier Tebas e con copia a Irene Lozano, presidenta do Consello Superior de Deportes, a Liga de Fútbol Profesional rexeita por inviable unha Segunda División formada por 24 equipos.

A Liga desestima así a proposta do secretario xeral da Federación Española de Fútbol e considera a Deportivo e Numancia equipos inexorablemente descendidos.

A inviabilidade da proposta ten, entre outros motivos, o suposto perxuizo económico que sufrirían os demais clubs, e a modificación do réxime de descensos previstos. O número, segundo a nota da Liga, só se pode cambiar antes do inicio da temporada. Engade Tebas que en caso dun descenso adicional a Liga debe optar por incorporar un quinto ascendido da Segunda B, suprimir un descenso ou non cubrir a praza.

Tebas insiste máis adiante en que, segundo o convenio de coordinación entre a Liga e a Federación, o límite máximo de equipos é de 20 en Primeira e 22 en Segunda.

Noticias web

14/08/2020