CRTVG

Buscar

'Taxa single', non ter parella supón un gasto adicional

Publicado o 27/05/2019 21:45

Non ter parella supón un gasto adicional en moitos servizos. É o que se coñece como a taxa single, a dos solteiros. No Reino Unido calculan que as persoas que viven soas gastan unha media do 92% dos cartos que ingresan, mentres que os que viven en fogares de dúas persoas a media baixa ao 83%.

É a xa coñecida como taxa dos singles, as persoas que non teñen parella, que viven soas e que non comparten gastos con ninguén. Esta taxa vai implícita en moitos servizos: nos pack aforro dos supermercados, á hora de viaxar e, o que máis penaliza, á hora de alugar piso.

Segundo o INE, o gasto medio dos fogares españois en alimentos, bebidas, vivenda, ocio e roupa medrou nos últimos catro anos arredor dun 10%. Algunhas consultorías de consumo apuntan que no caso dos singles poden aumentar nun 25%.

É o sentir da rúa, poñámoslle ou non a etiqueta de taxa single, queda claro que non ter parella, máis alá das situacións individuais e persoais, resulta máis caro.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/05/2019