Tarde de comunicados e chíos nun enredo sen fin
Publicado o 27/07/2020 16:00
A decisión final vaina tomar o Comité de Competición, que debería pronunciarse mañá martes ou, a máis tardar, o mércores. Pero a Liga, mentres, xoga as súas cartas. O xuíz de Disciplina Social da Liga defende o Fuenlabrada e reprende o Deportivo polo "ruído mediático" que suscitou nos últimos días. E no Deportivo agárdase para hoxe unha resposta contundente.
O cadro herculino xa mostrou onte o seu malestar coa situación e co retraso do envío de documentación por parte da Liga. O Deportivo anuncia medidas ante o que considera un atropelo. Onte produciuse un auténtico circo de dimes e diretes que volveu deixar retratada a liga que preside Javier Tebas.