CRTVG

Buscar

Susto na Madroa: Iago Aspas recibe un novo golpe no ombreiro

Publicado o 07/05/2019 20:08

Un lance no adestramento desta mañá na Madroa que nos deixou esta imaxe. As cámaras da Televisión de Galicia captaron o momento en que o dianteiro e Jozabed chocan de maneira fortuíta. Inmediatamente, Aspas leva a man ao ombreiro dereito. Mancouse no partido en Leganés e dende entón arrastra molestias. Vese a Aspas visiblemente afectado ata que é atendido por dous membros do equipo técnico do club.

Aparentemente, o lance non tivo maiores consecuencias. De feito, non hai parte médico do club. Nel só figura Emre Mor. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/05/2019