CRTVG

Buscar

Suspendido por un posible caso de covid un xuízo por violación en Pontevedra

Publicado o 12/01/2021 14:45
Suspendido por un posible caso de covid un xuízo por violación en Pontevedra

Suspendido por un posible caso de covid o xuízo que se ía celebrar en Pontevedra contra un home acusado de violar unha anciá de 75 anos.

O tribunal decidiu a suspensión despois de que un dos avogados comunicara que tiña febre. Activouse entón o protocolo anticovid e avisaron as partes.

Na vista íase xulgar un home por violar supostamente unha veciña de Bueu tras rebentar a porta da súa vivenda. Despois de abusar dela e golpeala, deixouna coas mans atadas, e unha vez que estaba indefensa rouboulle 1.200 euros. O fiscal pide para o acusado 21 anos de prisión. O xuízo quedou posposto para o 9 de marzo.

Noticias web

12/01/2021