CRTVG

Buscar

Suspendido por segunda vez un xuízo por roubo e agresión sexual en Ourense

Publicado o 04/11/2019 14:42

A vítima é un home que xa non acudira a primeira vez. Desta volta alegou que estaba enfermo en Marrocos. Tampouco se presentou un dos dous acusados que está en paradoiro descoñecido. A fiscalía solicita para cada un 11 anos e medio de prisión. Mantén que quedaron coa vítima para a compravenda dun teléfono. Levárono en coche ata a zona de Oira, onde o ameazaron cun coitelo. Roubáronlle o que levaba en riba e obrigárono, segundo o relato fiscal, a espirse e a practicarlle unha felación a un deles.

As partes instan a que se celebre o xuízo igual aínda que sexa sen a presenza da vítima, para poder xulgar o acusado que si está localizado.

Noticias web

04/11/2019