CRTVG

Buscar

Suspendido o xuízo da operación Zamburiña tras a detención en Vigo dun dos acusados

Publicado o 27/01/2021 11:36
Suspendido o xuízo da operación Zamburiña tras a detención en Vigo dun dos acusados

Quedou suspendido ata mañá o xuízo da coñecida como operación Zamburiña tras a detención, nas últimas horas, en Vigo, dun dos acusados.

Trátase dun dos presuntos traficantes de droga aos que a Fiscalía relaciona cos policías da comisaría de Ourense que tamén están procesados. O home pasará a disposición xudicial na cidade olívica.

O xuízo retómase mañá, e previsiblemente quedará visto para sentenza, logo de que o tribunal anulara todas as probas presentadas pola Fiscalía.


 

Noticias web

27/01/2021