CRTVG

Buscar

Suspendido o Gran Fondo Ézaro de 2020

Publicado o 16/05/2020 12:16

Suspéndese a edición para este 2020 do Gran Fondo Ézaro, que finalmente se traslada ao ano próximo. Confirmouno a organización do evento esta mesma mañá a través dun comunicado. A proba celebrarase en xullo de 2021. A organización alude a cuestións sanitarias e á necesidade de protexer os seus participantes. O prazo de inscrición mantense aberto. Os que xa estean anotados conservarán a súa praza de forma automática. A organización atenderá as solicitudes dos que prefiran darse de baixa.

Noticias web

16/05/2020