CRTVG

Buscar

Suspendido o Entroido de Xinzo como consecuencia da pandemia

Publicado o 16/01/2021 21:15

Un ano normal, todos os ollos estarían postos neste reloxo, contando as horas para a festa máis agardada en Xinzo. Pero tampouco no 2021 nada é normal.

Agardado si, pero a corroboración da nova, baixa aínda máis os ánimos nun concello preocupado pola alta incidencia de casos.

A festa das festas na provincia de Ourense tería que empezar en Xinzo xa dentro dunha semana coa tolemia do fareleiro. Un mes de troula e mofa que nin a ditadura de Franco conseguira botar abaixo.

No Entroido do 2020 o coronavirus fora a parodia estrela, quen nos ía dicir daquela que o bicho nos ía roubar as apertas e as máscaras, as de toda a vida.

Noticias web

16/01/2021

Máis sobre actualidade