CRTVG

Buscar

Suspéndese o Rally Rías Baixas pola situación de pandemia

Publicado o 04/08/2020 22:39

A actual situación de pandemia provoca que se suspenda o Rally Rías Baixas. A organización fíxoo público a través dun comunicado en que destaca que se viu obrigada a tomar esa decisión despois de consultar coas autoridades sanitarias, e que no único que pensan é na saúde dos participantes e dos espectadores. Confían en que a proba se poida celebrar con normalidade o ano que vén.

Noticias web

04/08/2020