CRTVG

Buscar

Suspéndese a Liga en Primeira e Segunda División

Publicado o 12/03/2020 12:56

• A suspensión durará, como mínimo, dúas semanas

Suspéndese a Liga en Primeira e Segunda División

A Liga en Primeira e Segunda división foi suspendida polo menos as dúas próximas xornadas.

"Ante as circunstancias coñecidas esta mañá, referidas á corentena establecida no Real Madrid e os posibles positivos en xogadores doutros clubs, a Liga considera que xa se dan as circunstancias para que se continúe coa seguiente fase do protocolo de actuación contra o COVID- 19. En consecuencia, resolve a suspensión, polo menos, das dúas próximas xornadas.

Esta decisión volverá ser avaliada tras a finalización das corentenas decretadas nos clubs afectados e doutras posibles situacións que puidesen darse.

A Liga, como organizadora da competición, procedeu a informar á RFEF, ao CSD e aos clubs, segundo reza o comunicado do organismo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí