CRTVG

Buscar

Suspéndese a Festa do Boi de Allariz

Publicado o 13/04/2020 21:29

E este ano non haberá carreiras do boi en Allariz. A asociación Xan de Arzúa, organizadora desta concorrida festa, acaba de anunciar que se suspende pola crise sanitaria e a incerteza con respecto ás próximas semanas.

A data prevista para a celebración era entre o 6 e o 14 de xuño. Xa avanzan que buscarán alternativas para manter o recordo da Festa do Boi 2020, tras 700 anos de historia.

Noticias web

13/04/2020