CRTVG

Buscar

Suspenden por terceira vez o xuízo contra dous homes acusados de roubar e agredir sexualmente outro en Ourense

Publicado o 26/02/2020 14:28

Suspendido por terceira vez un xuízo contra dous homes acusados de roubar, golpear e agredir sexualmente outro home en Ourense, en 2017. A Audiencia Provincial decidiu suspendelo porque un dos acusados renunciara á súa defensa e a nova letrada non tivo tempo de preparar o escrito. Tamén se tivo en conta a falta dunha testemuña fundamental, segundo a outra defensa. Desta volta si se presentou a vítima, que non comparecera anteriormente, e os dous acusados. Un deles estaba en busca e captura e foi detido a comezos de ano en Ceuta. A Fiscalía solicitou para el prisión provisional. Enfróntanse a 11 anos e medio de prisión por golpear outro home, ao que lle roubaron un teléfono móbil, cartos en efectivo e varias tarxetas e que obrigaron a espirse e practicarlles unha felación.


 

Noticias web

26/02/2020