CRTVG

Buscar

Suspenden o xuízo pola incomparecencia dun dos cinco acusados de secuestro

Publicado o 21/01/2020 14:31

Cinco homes ían ser xulgados esta mañá por maltratar unha muller que traballaba nun club, esixirlle cartos e retela contra a súa vontade. Entre os investigados está o ex-compañeiro sentimental da prexudicada para o que a Fiscalía pide case 20 anos de cadea. Porén a incomparecencia dun dos procesados obrigou a suspender a vista.

Son catro dos cinco acusados que esta mañá ían ser xulgados. Porén, a incomparecencia dun deles obrigou a suspender o xuízo por terceira vez.

Segundo o escrito da acusación, os feitos aconteceron en setembro de 2017. Daquela, o principal investigado mantiña unha relación sentimental coa vítima, á que maltrataba fisicamente e esixíalle os cartos procedentes da súa actividade nos clubs de alterne baixo ameazas de que sería agredida.

Os outros acusados enfróntanse a penas de entre 5 e 3 anos de cadea por un delito de detención ilegal. Finalmente, o xuízo quedou sinalado para os días 5, 6 e 12 de maio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/01/2020