CRTVG

Buscar

Suspenden a actividade dunha discoteca en Ourense e non celebrará a festa de ano vello

Publicado o 31/12/2019 14:46

O Concello de Ourense decidiu suspender a actividade da discoteca Macao. Convertérase nos últimos días en foco de polémica por vender entradas con barra libre a menores, aínda que aclarara que a festa inicial sería sen alcol, e despois habería unha sesión para maiores.

A festa de fin de ano non se vai celebrar porque os informes técnicos municipais apuntan posibles riscos de seguridade por facer obras no local sen a pertinente licenza. Estas afectarían a cabida de persoas e as vías de evacuación. O propietario di que todo está en regra e presentou unha reclamación ante o Concello.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/12/2019