CRTVG

Buscar

Susana Serrano, nai: "A saída dos nenos era bastante necesaria, xa non aturaban máis ollar pola ventá"

Publicado o 27/04/2020 09:55

Susana e os seus cativos, de 10, 8 e 5 anos, non quixeron perder o tempo e xa saíron á rúa á primeira hora desta mañá. Cómpre lembrar que as saídas se poden realizar entre as 9 e as 21 horas, só se pode saír unha hora ao día, non se pode afastar máis dun quilómetro do domicilio de cada quen nin achegarse a menos de 2 metros doutras persoas. Ademais, os menores deben ir acompañados dun adulto que pode acompañar tres nenos ao mesmo tempo.

Susana Serrano é de Brión e é nai de Miriam, Alicia e Fabián: "Esta medida era bastante necesaria e estamos encantados. É só unha hora, pero é unha hora moi, moi aproveitada".

"Vivir nun piso non é o mesmo que vivir nunha casa. Os rapaces xa estaban fartos de mirar pola xanela. Ademais, nós vivimos no rural e non paramos de ver zonas verdes".

Os rapaces relatan así a súa volta á rúa: "Queriamos correr e saltar".

Noticias web

27/04/2020