CRTVG

Buscar

Susana Seivane e o seu "Dende o balcón" en Culturgal

Publicado o 28/11/2020 21:33

Susana Seivane comezou a saír a tocar ao seu balcón de Pravio, en Cambre, o 17 de marzo. E así botou 55 días dun confinamento que se facía infinito. En familia sanaba os seus e os doutras casas, tamén nas redes, a golpe de música e mensaxes. O himno galego, a Muiñeira de Santo Amaro e ata un pouco de Camilo Sexto para dicir aquilo de que ninguén podía xa máis.

Daquel ritual naceu "Dende o meu balcón", o seu último disco. Esta noite tocábao noutra galería, a do auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, no marco do programa de Culturgal.

Culturgal non se suspendeu, seguiu adiante neste 2020 tan complicado para xuntar xente con xente. Con novas normas, pero Culturgal cumpre co seu obxectivo: mostrar ao público a actividade cultural galega.

 

Noticias web

28/11/2020