CRTVG

Buscar

Susana Díaz renuncia a presentarse á investidura e liderará a oposición a Moreno

Publicado o 10/01/2019 15:04

Juanma Moreno está máis preto de ser elixido presidente do Executivo andaluz grazas ao apoio de Ciudadanos e de Vox. Susana Díaz renuncia a presentarse á investidura e vai liderar a oposición.

Marta Bosquet abriu a rolda de contactos co PSOE, o partido con maior representación. O voceiro socialista comunicoulle que renuncian a presentar a candidatura de Susana Díaz, unha vez constatado que Juanma Moreno conta cos apoios necesarios grazas a un pacto que Jiménez augura inestable.

O PP fala dun cambio histórico e tranquilo, e defende a negociación para logralo. Juan Marín será o vicepresidente do futuro Executivo, e Ciudadanos terá cinco das once consellerías, nas que non prevé a de Familia, que esixe Vox. Pero os acordos non son papel mollado, advirte Vox, que esta tarde pecha a rolda de consultas.

O PP logrou levar ao seu terreo a Vox. E iso que a formación de Abascal tivo a voz cantante, polo menos a mediática, durante as negociacións.  Parecía difícil e o PP pedíalle que abandonase a propaganda.

Pois ben, no papel nin unha soa mención ao acordo á lei de violencia de xénero que Vox quería derrogar. Nin unha palabra de tocar a lei de igualdade, nin a lei que protexe o colectivo LGTBI. Tampoco logra incluír no texto do acordo a expulsión de 52 mil inmigrantes que viven en Andalucía en situación irregular.

O que si inclúen é o cambio de lei de memoria histórica por unha lei de concordia. De perfil, Ciudadanos, que mantivo unha estratexia mediática alonxada do diálogo. Iso si, o acordo posibilita a súa entrada no goberno de Andalucía.

O presidente da Xunta acaba de referirse ao acordo en Andalucía para facer presidente o líder do PP. Di que é claro e transparente e asegura que contrasta co que fixo Sánchez cos independentistas.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2019