CRTVG

Buscar

Súmanse á vendima 29 adegas da D.O. Rías Baixas, nun ano en que se estrea o plan de control da recollida

Publicado o 09/09/2019 16:22

Este luns súmanse á vendima 29 adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas. O vicepresidente da Xunta visitou no Rosal a adega Lagar de Fornelos que arrancou esta mañá a colleita da uva. Alfonso Rueda salientou a importancia deste sector na economía galega e o seu crecemento como atractivo turístico.

Ao final de semana estarán recollendo uva as 183 que conforman a denominación de orixe Rías Baixas, este ano a novidade na vendima é o plan de control que impulsa a Xunta.

O obxectivo é reforzar o control do cumprimento das normas durante o proceso da colleita da uva. A Xunta de Galicia destina unha vintena de técnicos a este plan repartidos polas distintas denominacións de orixe. Entre outras cousas tamén vixiarán que se respecte a produción máxima e verificarán a orixe da uva. O plan xa se está aplicando na adega Lagar de Fornelos no Rosal, que arrancou esta mañá a vendima.

É unha das 29 adegas que este luns comeza a colleita da uva na Denominación de Orixe Rías Baixas. Xunto as duascentas persoas que vendiman nos viñedos de Lar de Fornelos traballan os técnicos do plan de control da vendima. É a primeira vez que se pon en marcha co obxectivo de garantir a calidade dos viños galegos.

A finais desta semana estarán vendimando as 183 adegas que conforman a Denominación de orixe Rías Baixas. Esperan unha colleita de mellor calidade.

O plan do control da vendima inclúe a vixilancia da producción máxima que establece cada prego de condicións para as diferentes variedades.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2019