CRTVG

Buscar

Suicídase nunha prisión de Istambul un dos detidos polo assasinato de Khashoggi

Publicado o 29/04/2019 21:39
Suicídase nunha prisión de Istambul un dos detidos polo assasinato de Khashoggi

Un detido polo caso Khashoggi suicidouse nunha prisión de Istambul. Trátase dun suposto espía dos Emiratos Árabes Unidos que fora apresado a principios de mes en Turquía, como sospeitoso de estar implicado no asasinato do xornalista saudita.

Durante o interrogatorio policial, tanto el coma outro detido, confesaran traballar para a intelixencia dos Emiratos Árabes Unidos. Os dous permanecían en prisión preventiva baixo a acusación de espionaxe militar, política e internacional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/04/2019