CRTVG

Buscar

Sufocado un incendio que se achegou a un grupo de casas en Brión

Publicado o 25/07/2020 20:34
Sufocado un incendio que se achegou a un grupo de casas en Brión

Os da provincia de Ourense son os lumes que máis preocupan e os que máis hectáreas queimaron, pero esta fin de semana hai pequenos focos noutros puntos de Galicia. A imaxe recollémola este serán en Brión, preto de Santiago. O lume achegouse a algunhas casas, pero os equipos de extinción aéreos e terrestres conseguiron controlalo axiña.