CRTVG

Buscar

Special Olympics Galicia empeza a preparar o Xacobeo 2021 cun programa de adestramento

Publicado o 20/11/2019 16:17

Falta pouco máis dun ano para o próximo Ano Santo, pero hai quen empeza xa a prepararse. Os máis previsores tomarán a saída o vindeiro sábado. Ese día, vinte e un deportistas con discapacidade intelectual de todo o país percorreran desde Monforte un tramo do Camiño de Inverno. É o inicio dun programa de adestramento de seis meses organizado por Special Olympics Galicia, que os levará por catorce traxectos das rutas xacobeas. En total, participarán case trescentas persoas.

Así o contan Eladio Fernández da Asociación Galega San Francisco e Corina Porro Delegada da Xunta de Galicia en Vigo.

Noticias web

20/11/2019