CRTVG

Buscar

Sorprendido un ciclista de 82 anos a 10 km da súa casa, en Melide

Publicado o 30/03/2020 13:19

A Garda Civil acaba de denunciar un ciclista de 82 anos por non respectar o confinamento obrigado pola declaración do estado de alarma.

Ao ser identificado, o ancián alegou que saíra facer a compra e que xa regresaba ao seu domicilio. Para asegurar a súa volta, os axentes acompañárono ata o seu suposto domicilio, pero ao chegar ao lugar indicado polo home os residentes manifestaron que non o coñecían.

O denunciado recoñeceu entón que vive a 10 quilómetros de onde foi identificado e que, a pesar de coñecer a obrigación de quedar na casa, adoita saír practicar este deporte cada domingo. A Garda Civil escoltouno finalmente ata o seu verdadeiro domicilio.