Unha sorprendente imaxe no ceo de Fisterra deixa os veciños abraiados
Publicado o 28/04/2020 14:40
A sorprendente imaxe foi capturada cun teléfono móbil en Fisterra. E aínda que podería parecer un asteroide ou satélite, en realidade non o é.
Segundo o observatorio astronómico Ramón María Aller, trátase da reentrada dun foguete ruso lanzado o sábado pasado, para levar carga á estación espacial internacional.
O obxecto que se ve na imaxe corresponde a unha das pezas soltas dese foguete Soyuz.
Máis sobre actualidade
16/01/2021 21:34
16/01/2021 21:30