CRTVG

Buscar

A frota galega solicita axuda para combater o anisakis

Publicado o 15/07/2019 20:31

Son cada vez máis os barcos que solicitan axuda económica á Consellería do Mar para incorporar tecnoloxía que lles permita neutralizar o parasito anisakis. Dende a Xunta inciden tamén no que cada consumidor pode facer dende a casa.

Este parasito anda a traer problemas a máis dun barco galego no mar. Trátase do coñecido anisakis e a súa presenza alarma a nosa frota, que xa solicitou axuda económica á Xunta para solucionar este problema.

Pode estar presente en peixes e cefalópodos crus ou case crus que non pasaron por un conxelado ou por moi altas temperaturas. Dende a Dirección Xeral de Pesca inciden na importancia da prevención tamén na casa.

Fontes do Ministerio de Agricultura e Pesca lembran que a lexislación nacional e europea obriga a non poñer á venda produtos con este parasito visible.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/07/2019