CRTVG

Buscar

Soldo segundo a altura para as mulleres que traballan no Mobile World Congress

Publicado o 27/02/2019 20:02

Escoiten os requisitos que, segundo a UXT, lle piden ás mulleres para traballar no Mobile World Congress. Ter un talle 36 ou 38, ir con saia curta e maquillada e ter unha altura mínima de 1,75. E algo moi rechamante: tamén especifican que o soldo variará en función da altura. E todo isto con xornadas de 12 horas.

Os organizadores do evento negan estas acusacións, pero a Inspección de Traballo da Generalitat está investigando xa varias denuncias por sexismo e discriminación.

Noticias web

27/02/2019