CRTVG

Buscar

Sogama chega aos 10 millóns de toneladas tratadas nos seus 20 anos de vida

Publicado o 20/01/2020 15:03

20 anos de xestión dos resíduos que se producen en Galicia, un tempo no que se pasou dos 71 concellos que inicialmente se sumaron ao proxecto aos 295 actuais. A planta de Cerceda tratou o pasado ano 825 millóns de quilos de resíduos, unha cantidade que é posible grazas ás obras de ampliación que converten este centro nunha referencia en toda Europa.

Eficiencia no tratamento e tamén no transporte. Hoxe máis da metade dos resíduos chegan á planta en tren evitando o desprazamento de máis de 188.000 camións polas estradas. O obxectivo para este ano é conseguir a vertedura cero.

A Xunta de Galicia vai investir 25 millóns de euros na construción de catro plantas de compostaxe, unha por provincia. Ademais, seguirá rebaixando nun 10% o canon de Sogama aos concellos que mellor reciclen.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/01/2020