CRTVG

Buscar

Sofre un accidente circulando a máis de 200 km/h e dá positivo en consumo de alcol

Publicado o 15/01/2020 13:41
Sofre un accidente circulando a máis de 200 km/h e dá positivo en consumo de alcol

Ocorreu o sábado pasado, contra as nove da noite, na autoestrada AP-9F, á altura do quilómetro 22, á saída dun dos tuneis desta vía. O 112 alerta dun sinistro e tras chegar ao lugar o equipo de atestados e realizar probas de alcolemia a este condutor, dá un resultado de 0,73 e 0,70 mg/l en aire expirado, polo que o investigan por un suposto delito contra a seguridade viaria.

O condutor, veciño de Cambre, conducía un turismo de alta gama e quedou ileso. Tras realizar o equipo de atestados a inspección ocular do accidente, observan pegadas de pneumáticos ao longo de 265 metros, o que resulta excesivo para un treito en que a velocidade está limitada a 90 km/h.

Ao facer as probas periciais de velocidade determinan que o condutor circulaba no momento do sinsitro a uns 218 km/h. Por esa excesiva velocidade, acúsano tamén dun suposto delito de condución temeraria.