CRTVG

Buscar

Socorristas de Ourense advirten dos graves perigos que supón tirarse ao río dende a Ponte Romana

Publicado o 04/07/2019 13:54

Socorristas de Ourense advirten dos graves perigos que supón tirarse ao río dende a Ponte Romana. Fano despois de que se espallase polas redes sociais e polo WhatsApp un vídeo no que un mozo se bota ao baleiro dende unha altura de 38 metros de altura. Recomendan nin bañarse no Miño porque os cambios de cuadal e os remuíños xa teñen provocado varios afogamentos.

 

A ponte romana de Ourense mide dende o punto máis alto 38 metros. Un corpo caendo ao baleiro dende esta altura pode superar os 50 kilómetros hora de velocidade. Neste caso afortunadamente o mozo saiu ileso pero os socorristas advierten do risco que supoñen estas prácticas.

Pero non só tirarse de tremenda altura é perigoso. O feito de bañarse no río Miño ao seu paso pola cidade de Ourense costoulle a vida a varias persoas. O último un mozo angoleño o ano pasado que entrara para refrescarse.

Dende o Concello de Ourense advirten que a única zona de baño existente no río Miño é a praia da Antena pero tampouco ten socorrista din que non están obrigados, si teñen a obriga de instalar un letreiro indicando a ausencia de vixilancia e estudan o mellor emprazamento para colocalo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/07/2019