CRTVG

Buscar

Socios e afeccionados piden solucións

Publicado o 10/12/2019 16:31

Os socios e os afeccionados están preocupados polas consecuencias dun posible descenso á Segunda B. Queren alguén con experiencia, moitas ganas e, sobre todo, moita sorte. É o perfil que debería cumprir a nova directiva, a xuízo dos socios, para corrixir o rumbo do equipo.

Javier Dopico, ex-Presidente da Federación de Peñas: "Non é unha solución doada. Ten que ver coas empresa pero ten peculiaridades distintas. Alguén que estea fóra do fútbol sería un milagre".

Juan Agrelo, socio: "Lendoiro é un bo conselleiro deportivo".

Ven con preocupación, por non dicir desesperación, o xogo do equipo. Pero as solucións din que terían que terse tomado antes. A marxe é moi estreita antes do 31 de xaneiro, cando se pecha o mercado de inverno.

Juan Agrelo: "Se hai que tomar decisións deportivas porque os xogadores non dan resultado ou non saben máis, haberá que facelo". 

Peixeira: "Lavado de cara, deixar as cesións e buscar xente con compromiso".

E, mentres, a afección e a cidade sempre co equipo.

Javier Dopico: "É o que temos que defender, é o noso patrimonio e é o que temos que defender sobre todo".

 

Noticias web

10/12/2019