CRTVG

Buscar

Soben un 4 por cento as matriculacións en Galicia no mes de setembro

Publicado o 01/10/2019 18:20

As matriculacións de vehículos en Galicia subiron case un 4 por cento en setembro en comparación co mesmo mes do ano pasado. 

Este incremento é moi inferior ao que se produciu no resto de España, onde as matriculacións subiron o 18 por cento, segundo datos das asociacións de frabricantes, Anfac. Despunta sobre todo Madrid, onde se dispraron un 32 por cento.

A mellora do mercado automobilístico explícase porque o mes pasado tivo un día laborable máis comparado con setembro de 2018, segundo os fabricantes. Xa antes de setembro se dispararon as vendas, sobre todo polas ofertas dos concesionarios.

Noticias web

01/10/2019