CRTVG

Buscar

Soben as temperaturas e nótase nas praias

Publicado o 09/07/2020 15:12

A diferenza de onte, nas Rías Baixas amenceron sen brétemas. As temperaturas son máis altas e iso nótase na ocupación das praias.

No sur andarán hoxe preto dos 30 graos. A máis alta, con 32, volverá ser en Ourense. As temperaturas tamén son agradables no interior da provincia da Coruña, aínda que non con tanta calor.

Pola tarde as nubes gañarán terreo no interior, onde pode haber chuvascos localmente treboentos. Mañá, os restos dunha fronte deixarán chuviscas no norte e unha baixada lixeira das temperaturas. Unha situación que será pasaxeira, xa que o sábado se recupera o anticiclón.

Noticias web

09/07/2020