CRTVG

Buscar

Hai nove contaxios entre os usuarios da residencia Santa Marta de Vigo

Publicado o 25/09/2020 17:17
Hai nove contaxios entre os usuarios da residencia Santa Marta de Vigo

Os usuarios de residencias de maiores infectados coa covid-19 en Galicia subiron a 316 nas últimas 24 horas, tras detectarse nove novos casos no centro Santa Marta, en Vigo. Ademais, non se rexistraron novas altas na última xornada.

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Política Social, dos 316 anciáns en residencias que permanecen infectados de coronavirus na Comunidade galega, 131 están concentrados na DomusVi Lugo, en Outeiro de Rei. 

Tamén contan con importantes grupos de maiores a residencia do Incio (Lugo), que segue con 58 usuarios contaxiados; a de Nosa Señora do Viso, en Lobeira (Ourense), que se mantén con 46; a Ballesol de Oleiros (A Coruña), con 30; e O Piñeiral de Culleredo (A Coruña), con 21.  

Noticias web

25/09/2020