CRTVG

Buscar

Soben a 109 os novos positivos na área de Vigo

Publicado o 29/11/2020 21:20

A área sanitaria de Vigo supera os cen positivos por coronavirus nas últimas vinte e catro horas, é dicir, 109 novos contaxiados que rompen a tendencia á baixa. Precisamente, esta fin de semana realizáronse cribados voluntarios por PCR aos cidadáns do centro de saúde de Lavadores, para detectar posibles asintomáticos nun dos barrios con máis incidencia.

Nesta área sanitaria baixan os casos activos e situánse en 2.099, pero soben as hospitalizacións en planta a 71 enfermos, aos que hai que sumar 17 en UCI.

Na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés tamén baixan os casos activos a 1.136, pero non o número de hospitalizados, que aumenta ata os 57, seis deles en UCI.

Porque a presión hospitalaria segue sendo alta cando estamos ás portas dunha das festas máis familiares do ano.

Noticias web

29/11/2020