CRTVG

Buscar

Smolov e Bradaric poderían ser titulares ante o Sevilla

Publicado o 07/02/2020 16:46

Tamén volve Hugo Mallo no lateral dereito

O Celta vai presentar novidades para recibir o Sevilla. Volve o capitán Hugo Mallo ao lateral dereito da formación que dirixe Óscar García.

E máis novidades, será a presentación en sociedade no estadio do ruso Fedor Smolov. O futbolista que chega para converter con Aspas os goles da permanencia.

Tamén cabe a posibilidade de que se vexa o croata Bradaric a carón de Okay no centro do campo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/02/2020