CRTVG

Buscar

Sito Rivera, novo adestrador do Pescados Rubén Burela

Publicado o 25/02/2021 21:15

O Pescados Rubén Burela xa ten novo adestrador. Trátase de Sito Rivera, todo un clásico dos bancos do fútbol sala. Rivera estaba a dirixir esta temporada o Manresa da Segunda División B.

Segundo o club catalán, o Burela pagará unha cláusula polo técnico e xogará un amigable entre os dous clubs. Rivera dirixirá aínda dous partidos máis co Manresa e o luns incorporarase ao cadro laranxa.

Noticias web

25/02/2021