CRTVG

Buscar

Simulacro do 12-X en Boqueixón, coas medidas de prevención da covid-19

Publicado o 03/07/2020 14:05

Seguen as probas para que non haxa risco ningún indo votar o día 12. Trátase de reproducir na medida do posible as circustancias da xornada electoral desde o propio corazón dun dos colexios electorais.

Os membros das mesa levarán pantallas e máscaras de protección, e moi preto, vixilando a carón, estarán os interventores dos partidos que van velar polo normal desenvolvemento da xornada electoral.

Emilio de la Iglesia, o propio coordinador de Seguridade das Eleccións do 12 de xullo, explícanos as medidas de prevención da COVID-19 que atoparemos tamén detalladas ás portas dos colexios electorais.

"Temos un voluntario de protección civil no control dos accesos que nos lembrará a obriga de usar máscara e desinfectarnos as mans con xel hidroalcólico", cóntanos.

Despois do ritual de hixiene, vén o momento de seleccionar a papeleta. As cabinas estarán colocadas de xeito que se poida manter a privacidade e o segredo da votación, sen necesidade de tocar as cortinas.

E despois vén o momento de facer ringleiras, respectando sempre as marcas de distancia no chan.

Logo chega o momento da votación. Despois de comprobar o sobre, a presidencia entrégallo ao votante, que exercerá o sufraxio e limpará de novo as mans antes de marchar.

"Teremos medidas preventivas e persoal de control de acceso e desinfección e estará garantida en todo momento a seguridade dos votantes", explica do coordinador de Seguridade do 12-X.

Noticias web

03/07/2020