CRTVG

Buscar

Simons di que o Obradoiro está "preparado" para vencer na pista do Estudiantes

Publicado o 16/05/2019 20:10

 O Obradoiro intentará selar a permanencia xa esta fin de semana. O domingo visita a pista do Estudiantes, aos que supera nunha vitoria. A próxima xornada despide a liga en Sar ante o Barcelona. Di Simons que é difícil gañar en calquera lugar, pero que o vestiario está preparado para facer os seus deberes: "É difícil gañar en calquera lugar, así que imos ir alá e dar o mellor de nós. Creo que estamos preparados. Tivemos toda esta semana para prepararnos. Todo o mundo sabe en que punto estamos. Non haberá sorpresas nin nada semellante. Levamos xogando toda a temporada. Faremos o que teñamos que facer."

Noticias web

16/05/2019