CRTVG

Buscar

Simón xustifica que Madrid non pase á fase 1 porque non cumpre todos os criterios

Publicado o 16/05/2020 12:39

"Non se poden valorar un a un todos os criterios", di o director do Centro de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, nin tampouco "unha a unha as razóns" para que Madrid non pase a unha nova fase. A Comunidade de Madrid tivo un nivel de hospitalización moi superior ao resto de España.

Toda esa presión asistencial, polo volume de casos que tratou, fai que outra parte do sistema asistencial sufrira, e agora están reforzándoa, para poder reaccionar ante unha sospeita dun novo brote. "Están facendo un esforzo tremendo e vano conseguir nos próximos días"

 

Noticias web

16/05/2020