CRTVG

Buscar

Simón, sobre os incumprimentos: "Non se pode esquecer tan rápido"

Publicado o 12/05/2020 21:00

A inmunidade colectiva está sobrevalorada como posible esperanza do control da pandemia do coronavirus. Non é a primeira vez que Fernando Simón explica isto mesmo desde o Centro de Coordinación de Emerxencias Sanitarias. A inmunidade de rabaño acadada ata final de ano será moi baixa e a actual cifra, que roza o 15 por cento, pode ser enganosa pola alta recollida de mostras tomadas en sanitarios.

O máis prudente, segundo Simón, é esperar polo informe preliminar que se fará público estes días sobre o estudo de inmunidade que elabora o Instituto de Saúde Carlos III. Volveu lembrar que non podemos baixar a garda, porque as medidas de distanciamento social son as verdadeiramente importantes para evitar novas escaladas.

Os rebrotes de Corea do Sur poñen en evidencia o doado que pode ser camiñar cara atrás nesta pandemia da COVID-19.

Noticias web

12/05/2020