CRTVG

Buscar

Silleda tínguese de violeta para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Publicado o 24/11/2020 21:27

Mañá celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. As diferentes administracións e institución teñen numerosos actos organizados para as próximas horas. Hai concellos que levan días con mensaxes e actos para concienciar sobre o non á violencia machista.

Iluminación violeta e expresión artística para conmemorar o 25 de novembro. O coronavirus modifica tamén os programas deste día e obriga a fuxir de actos multitudinarios.

Así que houbo que botar man da imaxinación e mentres nalgunhas vilas fan murallas, reparten libros ou difunden mensaxes a través das redes sociais, neste concello pontevedrés de Silleda decidiron acender luces violetas en varios enclaves públicos da vila durante cinco días.

Entre eles, este monumento da muller labrega, que quere poñer en valor o importante papel da muller no mundo rural. Tinguida de violeta quere insistir na mensaxe do non á violencia machista.

Noticias web

24/11/2020