CRTVG

Buscar

Siemens Gamesa pecha a planta das Somozas e o despedimento dos seus 215 traballadores

Publicado o 11/01/2021 20:02
Siemens Gamesa pecha a planta das Somozas e o despedimento dos seus 215 traballadores

Siemens Gamesa anuncia o peche da planta das Somozas e o despedimento dos 215 traballadores da factoría.

O Goberno central e mais o da Xunta rexeitan o peche e lamentan que se produza, din, "nun momento de expansión do sector eólico en España". As dúas administracións sinalan que traballaron nos últimos na procura de solucións viables que a empresa desbotou. Siemens Gamesa ten outra planta de fabricación de aeroxeneradores en Castela-A Mancha que tamén pecha.

O presidente do comité de empresa na Coruña, Sergio López, afirmouque o peche da factoría é unha "decisión tomada hai tempo e foise alongando". Recoñeceu que os traballadores tiñan "a esperanza de que se movesen as administracións e metesen présa". 

O representante de UXT avanzou que o órgano sindical da fábrica reunirase desde as 20:00 horas deste luns para analizar a situación. Ademais, indicou que se suspende a protesta convocada para este martes no acceso ao porto de Ferrol, lugar de recollida e envío de maquinaria das instalacións.

 

 

 

Noticias web

11/01/2021