Shibasaki asina polo Deportivo
Publicado o 14/07/2019 21:54

Tamén fichou o Deportivo, que incorpora a mediocentro Gaku Shibasaki. O xaponés vencéllase ao Deportivo polas próximas catro temporadas. É internacional co Xapón e ten experiencia na liga española. Antes xogou no Tenerife e no Xetafe. O Deportivo só pagará cláusula en caso de ascenso.
Shibashaki comezou a súa carreira no Kashima Antlers xaponés e acaba de participar co seu país na última Copa América. En 2016 marcoulle dous goles o Real Madrid na final do Mundiasl de Clubs.
Máis sobre actualidade
02/03/2021 21:26
02/03/2021 21:14