CRTVG

Buscar

Setién cre que os cinco cambios por partido non beneficiarán o Barcelona

Publicado o 30/05/2020 15:06

O Barcelona apura os adestramentos coa intención de defender o liderado da liga nas mellores condicións.

Falta tempo para as sesións colectivas, di o técnico, que intenta suplir esa carencia con traballo máis físico sen ter moi claras as consecuencias que poida ocasionar no xogo. Co que Setién se amosa máis tallante é coa posibilidade de facer cinco cambios por partido.

O adestrador celebra a actitude dos futbolistas ao seu regreso. Fala de descanso mental, frescura e ganas de volver ao campo, o que, segundo el, converte este tempo de descanso nunha fonte inesperada de motivación.

Noticias web

30/05/2020