CRTVG

Buscar

Sete positivos no concello ourensán de Vilamarín tras asistir a un bautizo

Publicado o 20/08/2020 15:00

Detectado un novo gromo con 7 positivos no concello ourensán de Vilamarín. Sospéitaise que o gromo se orixinou a pasada fin de semana tras a celebración posterior a un bautizo, fóra do municipio.

Entre os afectados atópanse dous menores. Debido á aparición deste foco, Sanidade restrinxiu as visitas, e as entradas e saídas á residencia sociosanitaria Santiago Apóstol, situada no municipio.

Noticias web

20/08/2020